Actividades

Luns 25 de novembro
19:30 h
-Mercado de Fisterra-
Xornada do 25 de novembro de 2024
PRESENTACIÓN DO PROXECTO ACOMPAÑADA DE SHOWCOOKING
Adrián Figueroa, cociñeiro do Restaurante Omakase, experto en maduración e cortes de peixe, para aportar unha ollada moi innovadora aos restauradores/produtores locais.
Acompáñao Tono García, do Restaurante Material en Malpica.


Mércores 27 de novembro
19:30 h
-Sala de conferencias da Casa da Cultura de Cee-
Xornada do 27 de novembro de 2024
XORNADA SOBRE A ECONOMÍA AZUL NAS ZONAS PESQUEIRAS
Como condutor da mesma contamos coa presenza do gran comunicador de temas de gastronomía José Manuel García, que conduciu durante anos o programa da Radio Galega “Comer e falar”. Tamén participaron produtores/as e cociñeiros/as locais que apostan pola sustentabilidade e o produto de Km. 0
Diego López Pedreira: Especializado en Ecoturismo e técnico da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”
Sandra Varela Amado: cociñeira do comedor do CEIP Os Muíños, membro de Slow Food Compostela. Membro da Comunidade de Cociñeiras Sostibles de Galicia.
Rogelio Santos Queiruga: Mariñeiro e divulgador da pesca sostible
Xoves 28 de novembro
11:00 h
-Praia de Ardeleiro (Lira)-
Xornada do 28 de novembro de 2024
XORNADA DE CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL RELACIONADA CO MAR
Para esta actividade contamos coas seguintes entidades/empresas:
-Mar de Fábula
-Alívavá
Realizouse unha limpeza na praia de Ardeleiro, en Lira.


Domingo 14 de setembro
13:00 h
-Mercado de Fisterra-
Xornada do 14 de setembro de 2025
XORNADA DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO ACOMPAÑADA DE SHOWCOOKING
Con Brais Pichel, chef do restaurante fisterrán Terra, único cociñeiro estrela Michelín do territorio onde se desenvolve Temporada de Mar.
Con este evento deu comezo á campaña Temporada de Mar.
Fixo unha apoloxía do produto fresco que temos na nosa comarca e propuxo produto fresco, case en crú, pero que estea ben aliñado, seguindo ademais as receitas de toda a vida.
Martes 30 de setembro
17:00–20:30 h
-Casa da Cultura de Cee-
Xornada do 30 de setembro de 2025
XORNADA SOBRE ECONOMIA AZUL en CEE
Unha xornada moi enriquecedora sobre turismo sostible, territorio e mar, co foco posto na economía azul e nas posibilidades de futuro nas zonas costeiras.
Compartiron a súa experiencia:
· Alexandra Seara (Consorcio de Turismo Ribeira Sacra)
· Técnicas de turismo dos concellos de #TemporadadeMar
· Damián Santamaría (guía local en Fisterra)
· Representantes do sector mariñeiro e empresas da zona.
Falamos de transporte, comercialización, territorio e identidade.
Con apoio de APTCM, GALP Costa Sostible, Consellería do Mar e Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)


Mércores 22 de outubro de 2025
17:00 a 20:30 h
-Casa do Mar de Lira-
Xornada do 22 de outubro de 2025
XORNADA DE POSTA EN VALOR E DIFUSIÓN DO PATRIMONIO E A CULTURA MARIÑEIRA
No corazón da Costa da Morte, achegámonos á memoria viva do mar con voces que investigan, interpretan e defenden o noso patrimonio mariñeiro.
Interviñeron:
– Mariña Lestón, actriz e autora de Cartografía dun naufraxio
– Manuel Lara, presidente da Asociación Buxa e referente do patrimonio industrial galego
– Santiago Llovo, autor dunha extensa obra sobre patrimonio marítimo
Acompañamos a xornada cunha visita á caseta de Pepe do Cuco, espazo de memoria mariñeira local.
Un encontro para coñecer, conservar e celebrar a nosa identidade vinculada ao mar.