Fotos xornada 22 de outubro



XORNADA DE POSTA EN VALOR E DIFUSIÓN DO PATRIMONIO E A CULTURA MARIÑEIRA
22 de outubro de 2025
17:00 a 20:30 h
Casa do Mar de Lira
No corazón da Costa da Morte, achegámonos á memoria viva do mar con voces que investigan, interpretan e defenden o noso patrimonio mariñeiro.
-Interviñeron:
Mariña Lestón, actriz e autora de Cartografía dun naufraxio
Manuel Lara, presidente da Asociación Buxa e referente do patrimonio industrial galego
Santiago Llovo, autor dunha extensa obra sobre patrimonio marítimo
Acompañaremos a xornada cunha visita á caseta de Pepe do Cuco, espazo de memoria mariñeira local.
Un encontro para coñecer, conservar e celebrar a nosa identidade vinculada ao mar.






















