Facebook: Atlantis Adventure Turismo de Ocio y Aventura
Instagram: atlantisadventure_ocio
Actividades
-Exhibicións en vivo.
-Clases de palillo.
-"Palilleira por un día"
Info
Lucita leva sendo palilleira dende pequena. Aos 6 anos xa dominaba ao arte de usar os palillos, herdando o coñecemento que foi transmitindo de xeración en xeración ás mulleres da súa familia.
Promove este oficio en varios eventos, en programas de televisión e tamén ao pé da maxestosa Fervenza do Ézaro.
Esta técnica tradicional reflicte a rica cultura e a habilidade dos artesáns. Cada peza, cos seus delicados e complexos deseños, é unha testemuña do seu talento. Mergúllese na beleza desta tradición centenaria.